A ordenación da pesca de bivalvos require un coñecemento profundo do ciclo reprodutivo para garantir prácticas de captura correctas que aseguren un rendemento reprodutivo sostible. Isto lógrase xeralmente definindo o tamaño comercial legal e establecendo prácticas de recolección como a rotación de bancos e o establecemento de vedas, principalmente relacionadas co ciclo reprodutivo. Premendo aquí podes consultar un artigo sobre o Estudo da variabilidade espacial do ciclo reprodutivo da navalla (Ensis arcuatus = magnus) na ría de Vigo e a súa aplicación á xestión pesqueira e premendo aquí podes en ver un unha conferencia sobre os resultados deste estudo.
Ciclo reprodutivo da navalla
