Resultado sorteo 8000 fans

Chegamos aos 8.000 fans na nosa páxina de facebook!! Para celebralo sorteamos un lote de conservas certificadas pescadeRías, ¿de onde se non?, con productos de Los PeperetesConservera GallegaFrinsaPortomuiñosMar de SilleiroConservas Tradicionais Currimar, Conservas La Brújula e Pandomar.

A agraciada foi Luísa Méndez Castro.  Parabéns!!

A receita do mes

Un entrante moi orixinal: percebes e algas xuntos, sabor a mar 100%. Así é a receita que nos propoñen Marco e Ana do blog lacocinaesvida.com. Con esta sinxela preparación, os teus convidados quedarán gratamente sorprendidos. Podes ver a receita completa aquí.

Se queres que publiquemos a túa receita, envíanola por correo-e, indicando ingredientes, elaboración e unha foto.