O ameixón, Callista chione, poderá ser comercializado baixo o selo pescadeRías, ¿de onde se non?. Este bivalvo de gran tamaño pode acadar os 10 cm de lonxitude, sendo 6 a súa talla mínima de captura. As súas valvas son lisas, duras e brillantes e de cor pardo vermello ou rosado. A súa carne pode resultar un pouco dura, o cal pódese compensar cunha conxelación previa.
Comercialízase principalmente na lonxa de Muros, onde se leva vendido no que vai de ano máis de 30.000 kilos. Este bivalvo é pouco coñecido en Galicia pero moi apreciado noutras zonas.