Próximo sorteo no Facebook

Poñemos en marcha un novo sorteo a través da nosa páxina de Facebook, entre o 3 e o 31 de de outubro. Sortearemos tres kits compostos por bolsa da compra, mandil, camiseta, manopla de cociña, libreta e bolígrafo.

Nesta ocasión queremos saber cal é o teu peixe favorito. Para participar só tes que entrar no post do sorteo publicado no Facebook, premer “Gústame” e dicirnos cal é o peixe que máis che gusta comer. Tamén nos podes contar cal é o peixe que prefires cociñar… Así de sinxelo!

A receita: Xiba á mugardesa

A receita deste mes está protagonizada por un cefalópodo moi saboroso: a xiba. Ofrecémosvos unha receita de xiba á mugardesa, de Juan Carlos Alonso, autor do blog www.gastronomiaenverso.es, que nos explica paso a paso como elaborar este saboroso guiso mariñeiro. Preme aquí para ver a receita completa.

Se queres que publiquemos a túa receita, envíanola por correo-e, indicando ingredientes, elaboración e unha foto.