Do 3 ao 5 de outubro estaremos na Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados (CONXEMAR), que se celebrará no Instituto Feiral de Vigo-IFEVI, dando a coñecer a certificación pescadeRías ¿de onde se non? e as empresas certificadas baixo o noso selo de calidade. Terán presenza con stand propio na feira as empresas certificadas Mariscos Daporta SL, Frigoríficos de Camariñas, Frigoríficos Rosa de los Vientos e Yatecomeré. Ademais, a empresa Pulponor S. Coop. Galega presentará o seu polbo certificado pescadeRías no stand da Consellería do Mar-Xunta de Galicia (I13) o martes 3 ás 16:30 h.
pescadeRías en Conxemar 2017
