Estendemos a alfombra vermella para os produtos certificados procedentes da pesca artesanal. O sábado, 14 de setembro, directores/as e críticos/as do cinema de varios países participantes no 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu – FICBUEU 2019, asistirán á actividade Descubrindo as excelencias do noso mar con pescadeRías, ¿de onde se non?, na cal visitarán o peirao, a lonxa e a praza de abastos, e asistirán a unha mostra de cociña en directo con degustación de produtos do mar certificados.
pescadeRías, de cine!
