O xornalista Pepe Ribadegorda, apaixonado comunicador e gastrónomo, vén de publicar unha receita de polbo caldoso elaborada con produto certificado pescadeRías, no seu blog «De las cosas del comer». Empregou polbo cocido ultraconxelado e envasado ao baleiro da marca O Pulpeiro, comercializado por Frigoríficos Rosa de los Vientos.
Podes ver nesta ligazón a receita explicada paso a paso, cunha ampla reportaxe fotográfica.