Do 25 ao 27 de setembro, celebrarase unha nova edición de Galicia Fórum Gastronómico en A Coruña baixo o lema #Gastroxplosión! O evento é un gran encontro para profesionais do mundo da gastronomía e supón unha plataforma de lanzamento e promoción do talento dos/as mellores cociñeiros/as galegos/as, contribuíndo ao desenvolvemento do sector turístico gastronómico.
A Consellería do Mar estará presente cun stand institucional con oito empresas coexpositoras, das cales catro están certificadas por pescadeRías, ¿de onde se non?: Porto-muiños, S.L., Mariscos Laxe de Rons S.L., HQ Seaweed S.L. e Currimar Conservas Tradicionais.
Ademais, as persoas asistentes poderán coñecer os produtos certificados con Iñaki Bretal de O Eirado da Leña de Pontevedra galardoado cunha Estrela Michelín. A cita será o 26 de setembro, as 13:30 horas, no espazo obradoiro.