Publicado o DECRETO 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas, coa finalidade de garantir unha xestión sustentable dos recursos marisqueiros e das algas tendo en conta aspectos ambientais, económicos, sociais e de emprego. As actividades realizaranse ao abeiro de plans de xestión ou en zonas de libre marisqueo no marco do Plan Xeral de Explotación Marisqueira para recursos xerais. Como novidade, os plans poderán incluir actividades de turismo mariñeiro realizadas por mariscadoras/es.
Certificacións
En decembro, a empresa Porto de Cambados, S.L., certificada para bivalvos, cefalópodos, equinodermos, crustáceos e peixes, superou a auditoría de renovación de certificación no selo pescadeRías, ¿de onde se non?.
Porto de Cambados, S.L. distribúe peixes e mariscos procedentes principalmente da Lonxa de Cambados, sendo a súa actividade principal a comercialización de vieira da Ría de Arousa eviscerada, fresca ou conxelada, con todas as garantías sanitarias.
Xantar 2020
En virtude da colaboración da Consellería do Mar con XANTAR “Salón Internacional de Turismo Gastronómico”, ponse a disposición das empresas comercializadoras de produtos do mar de calidade, a posibilidade de contar cun stand de 6 metros cadrados fronte ao stand institucional da Consellería do Mar a un prezo reducido.
Para máis información contactar coa organización do evento a través do teléfono 988 366 030 ou no correo electrónico marketing@expourense.org.
Recolector/a de recursos específicos
O curso terá lugar do 17 de febreiro ao 24 de marzo de 2020, e están convocadas 12 prazas. Prazo de matrícula aberto ata o vindeiro 13 de xaneiro de 2020. Previo á realización do curso, será preciso superar as probas físicas indicadas na Resolución.
A receita do mes
A nosa proposta para este mes combina dous mariscos en plena tempada: Canelón de centola e bechamel de ourizos de mar.
A receita foi elaborada polo cociñeiro Javier Rodríguez Ponte «Taki», e forma parte do recetario editado pola Xunta de Galicia Do Mar ao Prato, que contén as preparacións elaboradas por cinco chefs durante as II Xornadas de Promoción e Difusión de Produtos do Mar de Galicia.
Preme aquí para acceder a ela.