Entre o 8 e o 10 de xullo terá lugar en Os Pendellos, Agolada, o IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. 42 expositores de Artesanía de Galicia e 31 expositores de alimentación estarán presentes na nova edición do Corazón da Artesanía.
Como en edicións anteriores, os produtos certificados polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? terán presenza neste evento nunha mostra de cociña en directo a cargo do chef Álvaro Fuentes, de Taberna Meloxeira de O Grove. Preme aquí para ver o programa.