Durante o mes de xuño, a Confraría de Pescadores de “Pedra da Oliveira” (bivalvos) recertificouse no selo pescadeRías, ampliando o seu alcance de certificación á comercialización de cefalópodos. Tamén se recertificaron no selo a Confraría de Pescadores de Moaña (bivalvos), a Lonxa de Campelo AIE (bivalvos, cefalópodos, crustáceos e peixes) e a Confraría de Pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa (bivalvos, crustáceos e algas). Por outra banda, as empresas distribuidoras e transformadoras Frigorífica Botana, S.L. (peixes) e Mares de Galicia S.A. (bivalvos, crustáceos, equinodermos e gasterópodos), superaron auditorías de seguemento da marca.