En marzo sumamos un novo axente certificado: a depuradora Moluscos Rías Gallegas, S.A. (bivalvos). Tamén durante este mes, a Lonxa de Cedeira, ampliou o alcance da súa certificación a cefalópodos. Por outra banda, pasaron auditorías de seguemento as empresas Frigoríficos Rosa de los Vientos, S.L., DEMARSUSA, Mariscos Cordal, S.L., Mariscos Comesaña, S.L., Conservera Gallega, S.A. e Conservas La Brújula, S.L.; así como as Lonxas de Baiona e a de Baixura do Porto de Vigo.