Durante o mes de febreiro, renovaron a súa certificación a Lonxa de Cambados, certificada para peixes, bivalvos, cefalópodos e crustáceos, ampliando o seu alcance a algas; a Lonxa de Rianxo, certificada para cefalópodos, crustáceos, bivalvos e peixes; e a Lonxa de Lira, certificada para bivalvos, cefalópodos, equinodermos, crustáceos e gasterópodos.
Tamén renovou certificación a empresa Pulponor S. Coop. galega, cuxo alcance son os cefalópodos, e certificouse, tamén para o grupo dos cefalópodos, a empresa Pescados Pulponor, S.L.