En maio adheriuse ao selo pescadeRías, ¿de onde se non? a Tapería Lecer en Cangas do Morrazo (Pontevedra). A nosa receita deste mes forma parte da súa carta, na que os produtos do mar e de cercanía sempre están presentes.
Tamén en Cangas, renovou a súa certificación a depuradora e empresa de distribución Mariscos Calimar S.L., que comercializa baixo o noso selo bivalvos, equinodermos e crustáceos.