O 17 de novembro tivo lugar un encontro con membros da xunta directiva da Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo. Durante o mesmo, coñecéronse os obxectivos da Asociación e realizouse unha presentación da marca pescadeRías, ¿de onde se non?, do papel da restauración dentro da mesma e da súa alianza coa ecoetiqueta Pescaenverde.
Dispor de información sobre o selo é de interese e unha oportunidade para o sector da restauración pola súa condición de prescriptores de produtos procedentes da pesca artesanal.