Un ano máis, a Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados-Conxemar abre as súas portas no Instituto Feiral de Vigo. Do martes 4 ao xoves 6 de outubro, daranse cita en Vigo as principais empresas do sector transformador, distribuidor, importador e exportador dos produtos do mar conxelados.
O día 3 terá lugar o Congreso Mundial de Cefalópodos. Ver programa aquí, e o día 5 celebrarase unha interesante xornada sobre a Certificación Halal. Descarga aquí o programa.
Máis información aquí.