Do 10 ao 12 de marzo celébrase o Fórum Gastronómico A Coruña, un encontro para os profesionais do mundo da gastronomía. As empresas certificadas en pescadeRías, ¿de onde se non? Pulponor Sociedade Cooperativa Galega, Mares de Galicia SA, Conservas y Ahumados Luso Galaicos SL e Currimar Conservas Tradicionais, estarán presentes como coexpositores da Consellería do Mar. Novás y Mar Especialidades, SL e Porto-Muiños acudirán cun stand propio.
Consulta o programa completo de actividades.