A Rede de Observación da biodiversidade mariña e pesqueira de Galicia e Cantábrico (DIVERSIMAR) ven de lanzar un Catálogo da Biodiversidad Marina de Galicia e Cantábrico. A información de cada especie sintetízase nunha ficha na que, ademais dunha imaxe, aparece a clasificación taxonómica, nome científico, código FAO, nome común e nome oficial comercial, denominación noutros idiomas, así como unha breve descrición, artes coas que se captura, tamaño mínimo, e distribución espacial.
Podes consultalo premendo aquí.