Os próximos 06 e 07 de Abril terá lugar unha nova edición das xornadas Do Mar ao Prato no peirao de Arcade, organizadas pola Confraría de Pescadores Virxe do Carme, coa colaboración de Mariscos Inés, ambas entidades certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?, e do concello de Soutomaior.
Realizaranse degustacións das principais especies que se comercializan na lonxa como ameixas, chocos ou anguías. O programa complétase coa exposición fotográfica Xoias do mar e con actuacións musicais.