Os días 22 e 23 de setembro celebrarase unha nova edición do Mercado do Mar dentro do Festival Mar de Mares, na explanada do Parrote en A Coruña. Ademais de contar cun punto de información, estaremos no showcooking con produto certificado que levará a cabo Iria Espinosa, xefa de cociña do restaurante Árbore da Veira o sábado 22 de setembro ás 18:30 horas. Aquí podes atopar máis información sobre o Mercado do Mar.