O curuxo (Scophthalmus rhombus) é un peixe plano con corpo de forma ovalada-romboide e cor marrón no dorso con manchas escuras de diferente tamaño. O seu corpo está cuberto de escamas delgadas e adherentes pero sen tubérculos óseos como no caso do rodaballo. Outra diferencia con esta especie é que os primeiros radios da aleta dorsal están libres, mentres que no rodaballo están unidos por unha membrana. Se queres saber máis sobre esta especie preme aquí para ver unha ficha.