A xarda (Scomber scombrus) é un peixe azul que contén numerosos minerais esenciais, é rico en vitaminas, especialmente B12 e D, e ten un alto contido en ácidos graxos omega 3, tan importantes para reducir o colesterol e os triglicédidos, mellorar a función cardíaca e a presión arterial e reparar o sistema inmune, entre outros beneficios.
Na primavera achégase ás nosas costas, onde se captura principalmente coa arte do cerco. Se queres saber máis, preme aquí para acceder a unha ficha sobre esta especie, con ampla presenza nos nosos mercados por estar en plena tempada.