Entre o 10 e o 19 de setembro terá lugar a 14º Edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu – FICBUEU 2021.
O Domingo 19, directores/as e críticos/as do cinema e profesionais do audiovisual, música e radio asistirán á cata Descubrindo as excelencias do noso mar con pescadeRías, ¿de onde se non?, na cal terá lugar unha mostra de cociña en directo capitaneada por Criselda Iglesias (Tapería Lecer) con degustación de produtos do mar certificados .