Estivemos na Festa do Polbo, organizada polo Concello de Bueu en colaboración coa Confraría San Martiño de Bueu, e coa participación de Frigoríficos Rosa de los Vientos, distribuidor certificado por pescadeRías. O equipo técnico de pescadeRías impartiu na praza de abastos o obradoiro O polbo: un produto de marca. As persoas participantes gozaron dunha visita guiada á praza de abastos e dunha demostración de cociña a cargo do Restaurante O Rincón de Cela. Os mellores momentos, neste vídeo.