O pasado 28 de outubro celebrouse a VI Edición das Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia impulsadas pola Confraría San Bartolomé de Noia. O cociñeiro invitado este ano foi Javier Olleros (Restaurante Culler de Pau), que coñeceu os bancos de marisqueo a flote, a clasificación de produto e a depuradora e realizou un showcooking na Sociedade Liceo de Noia na que amosou en diferentes preparacións a potencialidade deste suculento bivalvo. O día 31, no marco da IV Edición de Mares da Fin do Mundo, mostra internacional de cinema documental en Outes, tivo lugar unha degustación gastronómica de Berberecho de Noia, capitaneada por Miguel Mosteiro (Gastrolab). Preme aquí para ver un vídeo.