Do 14 ao 16 de xullo celebrouse a XIX edición da Festa da Vieira de Cambados, organizada pola Confraría de pescadores de Cambados coa colaboración da Consellería do Mar e o Concello de Cambados. O persoal técnico da marca dinamizou os tres showcooking con vieira de Porto de Cambados S.L., certificada por pescadeRías, ¿de onde se non?
Aos fogóns estiveron os cociñeiros Juanjo Pérez do restaurante Cocinandos de León, Xan Galbán do restaurante María Castaña de Santiago de Compostela e Alberto Castiñeiras do restaurante Gondal de Ibiza. Preme aquí para ver un vídeo resume.