Festa do Marisco de Barallobre

O sábado 7 de xullo celebrouse unha nova edición da Festa do Marisco organizada pola Confraría de Pescadores Santiago Apostol de Barallobre, entidade certificada pola marca pescadeRías de onde se non?, en colaboración co Concello de Narón. Nesta ocasión, levouse a cabo no paseo marítimo de Xuvia, en Narón, de 12:00 a 00:00 horas.

Puideronse degustar produtos certificados da lonxa de Barallobre e asistir a dúas demostracións de cociña gratuítas.

A confraría instalou un stand expositor con produtos do mar e unha pantalla na que se proxectou un audiovisual para coñecer o proceso desde que se captura o marisco ata que chega ao prato.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *