Entre o 05 e o 08 de setembro, celébrase a XVII Festa do Marisco de Vigo, cunha ampla oferta gastronómica e unha sección internacional adicada á comida xaponesa.
O pregón correrá a cargo do cómico Xosé Antonio Touriñán. O evento compleméntase con obradoiros, animación de rúa e actuacións musicais, así como con xogos populares e un espazo onde poderán divertirse nenos e nenas. Consulta o programa e os menús premendo aquí.