Do 09 ao 11 de agosto, Bueu celebra a XX Festa do Polbo, organizada polo concello e a confraría de pescadores San Martiño de Bueu. Poderanse degustar arredor dunha vintena de especialidades deste cefalópodo. A empresa certificada Rosa de los Vientos contará cun posto de restauración.
Ademais, persoas usuarias dos centros de día da localidade, realizarán unha visita guiada á lonxa de Bueu o día 9, organizada polo concello de Bueu en colaboración coa confraría de Bueu e a marca pescadeRías, ¿de onde se non?.