Do 7 ao 9 de xullo, a marca pescadeRías ¿de onde se non? contará cun stand informativo no Vigo Seafest, que se celebrará en Vigo, organizado por ARVI. Neste stand, o público poderá coñecer as características dos produtos da pesca artesanal galega: especies e artes coas que se capturan, tempada de consumo, tallas mínimas, sistemas de trazabilidade e, como non, información sobre a marca pescadeRías como garantía de orixe e frescura. Toda a información en: https://www.vigoseafest.com
Vigo Seafest
