Durante a visita realizada ao peirao e á praza de abastos de Bueu, os/as directores/as e críticos/as do cinema de varios países participantes en FICBUEU 2018, coñeceron os oficios do mar, a diversidade de produtos da pesca artesanal, así como aspectos relacionados coa súa frescura, comercialización e a trazabilidade. Ademais, asistiron a unha degustación de produtos certificados coa cociñeira Criselda Iglesias de Tapería Lecer de Cangas. Aquí podes ver un vídeo da actividade.
FICBUEU 2018
