En febreiro impartiuse formación sobre Hixiene Alimentaria e Manipulación de Alimentos nas Lonxas de Rianxo e Cambados.
En Rianxo participaron 17 persoas, entre persoal da confraría e a lonxa e cargos directivos das agrupacións de marisqueo a pé e a flote. En Cambados tamén foron 17 os/as asistentes, entre persoal da lonxa e da confraría, da fábrica de xeo e a directiva das mariscadoras a pé.