A posta en marcha do programa Primare permitirá participar nas poxas a través de internet, o que fai posible que compradores presenciais e non presenciais realicen poxas en diferentes lonxas ao mesmo tempo, sen ter que desprazarse. O proxecto leva un tempo pilotándose na rula de Fisterra, onde se están a obter mellores prezos de venda nos seus produtos, especialmente no polbo, despois da posta en marcha deste programa. En breve estará operativo noutras lonxas como a de Ferrol. Aquí podes ver artigo relacionado.