Un estudo realizado no marco do proxecto Remedios, publicado na revista Nature Geoscience, demostra que os peixes contribúen á produción de turbulencia e mestura oceánica nas rexións costeiras, polo que o papel que xogan na distribución de calor, nutrientes e osíxeno é máis importante do que se pensaba. O estudo constitúe a primeira evidencia científica obtida a partir de medicións in situ deste fenómeno. Preme aquí para ver unha pílula divulgativa do estudo e aquí para acceder a un artigo sobre o mesmo.
O desove do bocarte evidencia o fenómeno das bioturbulencias
