Gañadoras do Sorteo pescadeRías con Sabor a Mar

Xa temos gañadoras do Sorteo con Sabor a Mar organizado pola marca pescadeRías de onde se non? o pasado mes de setembro.

As premiadas foron Alejandra Álvarez (@xanaalv) en Instagram, e Eva Pérez en Facebook. Cada unha delas recibiu un lote con produtos da marca pescadeRías de onde se non? e da campaña Galicia Sabe Amar, que inclúe unha cunca, mandil, paraugas pregable, calcetíns e diversos utensilios de cociña.

Desde pescadeRías de onde se non? queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron no sorteo e que apoian día a día a pesca artesanal galega.