Os días 27, 28 e 29 de agosto celebrouse en Vilanova de Arousa a II Feira da Conserva. As empresas Conservera Gallega e Conservas Antonio Pérez Lafuente, certificadas pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?, estiveron presentes cos seus produtos do mar.
Durante o evento, tivo lugar unha degustación gastronómica en directo a cargo do cociñeiro Miguel Mosteiro de Gastrolab Arousa con produtos de ambas conserveiras como protagonistas.