Do 25 ao 27 de setembro, celebrouse unha nova edición de Galicia Fórum Gastronómico en A Coruña. A Consellería do Mar estivo presente cun stand institucional con oito empresas coexpositoras, das cales catro están certificadas por pescadeRías, ¿de onde se non?: Porto-muiños, S.L., Mariscos Laxe de Rons S.L., HQ Seaweed S.L. e Currimar Conservas Tradicionais. O martes 26, tivo lugar unha mostra de cociña en directo con produtos certificados con Iñaki Bretal de O Eirado da Leña (Pontevedra) que elaborou ceviche de pinto e salmonete afumado.
GALICIA FORUM GASTRONÓMICO
