Un ano máis, produtos certificados polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? acompañaron aos Bloggers Gastronómicos de Galicia na comida da súa xuntanza anual que se celebrou en A Coruña o 21 de setembro. Tito Fernández, xefe de cociña do Hotel NH Collection Finisterre de A Coruña, deseñou un menú no que o peixe e os moluscos certificados estiveron moi presentes. Participaron tamén nas elaboracións, os cociñeiros Gerson Iglesias e Pedro Lalo de Cociña Ourense e Juan Mato, do restaurante Artabria. Podes acceder a un vídeo resumo do encontro elaborado por NH Collection premendo aquí.
IX Xuntanza de Bloggers
