O Clúster Alimentario de Galicia, en colaboración co IGAPE, organiza unha misión comercial inversa os días 8, 9 e 10 de maio de 2017 coa visita a Galicia de varios importadores e distribuidores de produtos alimentarios e bebidas de EEUU e México, algún deles con interese en produtos do mar. O esquema destes encontros consistirá na organización de xuntanzas individuais con compradores convidados. Ademais, poderán organizarse visitas ás fábricas das empresas inscritas. Máis información e inscricións aquí.
Misión comercial inversa México-USA
