En febreiro adheriuse ao selo pescadeRías, ¿de onde se non? a peixería Pescados y Mariscos Cruz, que ten o seu posto na Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa.
Con esta, son cinco as entidades minoristas adheridas nesta localidade nas que se poden mercar produtos certificados: Peixes e Mariscos Mónica, tamén na Praza de Abastos, a peixería Mar de Arousa, e as peixerías ambulantes Pescados e Mariscos Chulas e Pescados e Mariscos Eloy.