Novos establecementos adheridos

Noaru Gourmet é un establecemento especializado en alimentación e degustación de produtos de alta gama, situado en Ares. Apostan polos produtos de proximidade e de elaboración artesanal, incluíndo unha selección destacada de conservas de peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal galega, certificados co selo pescadeRías de onde se non?. Durante as fins de semana ofrecen tamén berberecho e camarón fresco, procedentes de lonxas locais como a de Barallobre.

A peixería SUPECO, na rúa Manuel Murguía da Coruña, está xestionada pola distribuidora Orixe da Ría S.L., tamén certificada pola marca pescadeRías de onde se non?. SUPECO ofrece peixes e mariscos frescos do día, de martes a sábado, en horario de 9:00 a 15:00 horas, garantindo calidade e frescura directa das rías galegas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *