Durante o pasado mes, foron seis os novos restaurantes adheridos á marca pescadeRías, ¿de onde se non?. Tres na cidade de Ferrol: O Camiño do Inglés, Josefa´s Bar e A Barcia; na mesma comarca, na localidade de Narón, o Restaurante Anacos; en Cedeira A Taberna de Jojó; e en A Guarda, o restaurante Casa Chupaovos.
Grazas a todos pola vosa aposta polos produtos da pesca artesanal.