En abril certificouse como distribuidora de cefalópodos a empresa Descaexport. A Lonxa de Sada renovou a súa certificación para peixes e cefalópodos, e Portomuiños, para algas e bivalvos. Por outra parte, adheríronse á marca o Restaurante A Centoleira, de Bueu e tres peixerías: Loli Loureiro Mariscos e Peixería Sole, na Praza de Abastos de Pontevedra, e Miguel Ángel Martínez, na Praza de Abastos de Bueu, quen colle o testigo de Fita Cartagena, súa nai, que nos deixa para gozar dunha merecida xubilación.
Novos usuarios e recertificacións
