En maio pasaron a auditoría de certificación como novos usuarios da marca o distribuidor Pescados Julio, certificado para cefalópodos, e Yatecomeré, empresa de transformación certificada tamén para cefalópodos. Ademais, renovaron a súa certificación: Pulponor, S. Coop. Galega, como distribuidor de cefalópodos, Mariscos Daporta, para bivalvos e equinodermos; a Lonxa da Illa de Arousa, para a primeira venda de bivalvos e algas; Mariscos Comesaña, como distribuidor de crustáceos, equinodermos e peixe, e Conservera Gallega, como transformadora de bivalvos, cefalópodos e peixe.