A Confraría de Noia anunciou o adianto da súa campaña marisqueira, que este ano comezará o 18 de setembro. As previsións auguran unha boa campaña, xa que as mostraxes indican unha boa situación dos bancos de berberecho, ameixa babosa e xapónica. Os responsables da entidade tomaron esta decisión para extraer o marisco antes de que as potenciais riadas ou toxina o impidan. Unhas 1600 persoas están autorizadas para esta campaña, entre mariscadores/as a pé e a flote.