Durante a última edición do Salón da Alimentación do Atlántico-SALIMAT, a marca pescadeRías ¿de onde se non? organizou un obradoiro de técnicas de corte de peixes. Nel participaron unha quincena de gastrobloggers que puideron coñecer, da man da cociñeira Lucía Freitas, os mellores cortes para sacarlle o máximo partido tanto aos peixes planos como aos cilíndricos. Seguro que nos vindeiros meses veremos como aplican esas técnicas nos seus pratos!