Do 24 ao 27 de abril estivemos no Salón de Gourmets presentando a marca pescadeRías, ¿de onde se non? As catas e degustacións dos produtos certificados tiveron grande aceptación por parte do público, que abarrotou a aula de catas. Os representantes das confrarías de Noia, Aldán, Redondela, Cangas, e da empresa Frigoríficos Rosa de los Vientos tiveron oportunidade de facer a presentación dos seus produtos ao público durante as demostracións de cociña en directo. Como mestres de cerimonias, Emma Pinal, Ana Portals, Álvaro Villasante, Flavio Morganti e Manuel Oliveira. Aquí podes ver un vídeo-resume do paso de pescadeRías polo Salón de Gourmets.
pescadeRías deslumbra no Salón de Gourmets
