Vieira e zamburiña na ría de Ferrol

No mes de maio remata a campaña da vieira na ría de Ferrol, que comezara o pasado 6 de marzo. Os puntos de descarga desta especie son as lonxas de Ferrol e Barallobre e a súa evisceración é realizada polas empresas autorizadas Vieiras de Ferrol, S.L. e Artesa Rías Baixas, S.L. As 4 entidades están certificadas polo selo pescadeRías. Por outra banda, o día 5 de maio comeza a campaña da zamburiña na ría.

Fin da campaña do ourizo

Como cada ano, en abril rematou a tempada para a captura de ourizo nas nosas costas, determinada polo ciclo biolóxico desta especie. A demanda deste equinodermo rico en vitamina A e aminoácidos esenciais é cada vez maior.

De outubro de 2022 a abril de 2023, o ourizo alcanzou prezos máximos de 23 €/kg e prezos medios de máis de 14 €/kg en primeira venta.

Seafood Expo Global Barcelona

Entre o 25 e o 27 de abril celebrouse en Barcelona a 29º edición da Seafood Expo Global. Nesta importante feira internacional, plataforma de encontro entre provedores e compradores do sector alimentario, a Consellería do Mar estivo presente cun stand institucional, acompañada das empresas certificadas Mariscos Daporta, S.L., El Percebeiro, S.L. e Mares de Galicia S.A.

Expomar Burela

Do 10 ao 13 de maio, celebrarase en Burela unha nova edición de EXPOMAR. Durante estas tres xornadas, terán lugar nesta localidade a XIX Feira Monográfica Náutico-Pesqueira, as XXX Xornadas Técnicas, importante foro de debate de temas de actualidade para o sector pesqueiro, así como o XIV Encontro Empresarial de Organizacións Profesionais de Armadores.

Inscrición na feira Salimat-A Banca

Entre o 8 e o 11 de xuño terá lugar en Silleda a 26º edición do Salón de Alimentación do Atlántico, SALIMAT – ABANCA. A organización da feira ofrece ás empresas do sector de produtos do mar de Galicia estar presentes cun stand de 6 metros cadrados. Premendo aquí podes acceder ao boletín de participación e premendo aquí podes acceder ao dossier da feira.

Axudas por paralización temporal de actividade marisqueira

Publicada a ORDE do 12 de abril de 2023 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2023 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, por paralización temporal da actividade marisqueira, ás persoas armadoras e tripulantes das embarcacións afectadas pola veda temporal nos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa (Lombos do Ulla, O Boído e Cabío, cofinanciada ao 50 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (códigos de procedemento PE406A e PE406B).

Unidade de Patoloxía do Intecmar

A misión principal da Unidade de Patoloxía do Intecmar é o coñecemento do estado de saúde (estado zoosanitario) dos principais moluscos bivalvos comerciais en Galicia, a través dunha rede de control baseada en analizar mostras de puntos fixos das zonas de produción ao longo do ano. En 2017 publicaron o Atlas de Histopatoloxía de Moluscos Bivalvos Mariños, sendo este na actualidade un documento de referencia en laboratorios de patoloxía de moluscos de todo o mundo, con máis de 1500 consultas na rede social de investigadores ResearchGate. Preme aquí para acceder a un artigo sobre esta Unidade.

A receita do mes

O sargo común é un peixe semigraxo que, a nivel nutricional, apórtanos proteínas de alto valor biolóxico, ácidos graxos omega 3, vitaminas do grupo B e numerosos minerais entre os que destaca o selenio, que fortalece o sistema inmune.

Maica Couto e Diego Domínguez (A Ostrería – Nave 5) amósannos como elaborar esta interesante proposta de sargo curado en sal acompañado de guacamole, queixo San Simón da Costa e algas.

Podes visualizar a receta na seguinte ligazón.

Actividades con talleres de hostelería

El 21 de marzo, se impartió una charla sobre la marca pescadeRías al alumnado de cocina y pastelería del Obradoiro de Empleo Moaña Labora VI. Por otra parte, el 23 de marzo, el alumnado del Obradoiro de Empleo Tahume VIII realizó una visita a Noia, dinamizada por el personal técnico de la marca, donde conocieron diversas instalaciones de la Cofradía de Pescadores de Noia: el laboratorio de análisis de biotoxinas, microbiología y genética, el criadero de moluscos de O Freixo y la lonja y la depuradora de Testal. Los futuros profesionales pudieron conocer el sello pescadeRías, valorar la importancia del marisqueo en Galicia, el trabajo de los profesionales del mar y diferenciar especies que se comercializan en las lonjas.