A empresa conserveira Antonio Pérez Lafuente asistiu á última edición da Feira Internacional de Produtos Ecolóxicos BioFach celebrada en Núremberg entre o 15 e o 18 de febreiro, onde se reuniron 2819 exhibidores de 88 países, cunha asistencia récord de 50.000 visitantes en catro días. Baixo a marca Pan do Mar, A. Pérez Lafuente elabora conserva sustentable con produto galego, e está certificado pola marca pescadeRías para a transformación de peixes, bivalvos, crustáceos e equinodermos.
Pandomar, na BioFach
