«Pasión por el Marisco» en Canal Cocina!

O cociñeiro Manuel Costiña, do restaurante O Retiro da Costiña, convídanos a explorar os segredos da cociña galega co seu talento e coñecemento dos mariscos das nosas rías. Neste programa, Costiña comparte pautas, trucos e o paso a paso para preparar receitas irresistibles con mariscos galegos.

Pero iso non é todo! «Pasión por el Marisco» tamén nos leva de viaxe polas rías galegas, a unha xornada cos naseiros de Bueu para descubrir o proceso de pesca do polbo con nasa, unha visita ás Illas Cíes para coñecer como se recollen os percebes máis prezados ou un percorrido polos bancos marisqueiros de Noia, onde se extrae a maior produción de berberecho galego.

Descubre todos os detalles desta homenaxe ao marisco galego. Máis información aquí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *